Política de Privacidade

DATOS DO RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS DATOS
Nome da entidade: FUNDACIÓN CENTRO DE SERVICIOS Y PROMOCIÓN FORESTAL Y DE SU INDUSTRIA DE CASTILLA Y LEÓN (en diante CESEFOR). Enderezo: Polígono Industrial Las Casas C/ C Parcela 4 – 42005 Soria. Teléfono: 975212453 Correo electrónico: cesefor@cesefor.com

1. Formulario de contacto e opinión.
 a. Finalidade. A finalidade do presente formulario é dar resposta á súa solicitude de información realizada a través do formulario de contacto.
 b. Lexitimación. A lexitimación para o tratamento dos datos de carácter persoal é o consentimento expresado do interesado.
 c. Destinatarios. Non se cederán datos a terceiros salvo obriga legal.

2. Formulario de alta de usuario
 a. Finalidade.
  − Xestionar a súa alta de usuario na nosa páxina web.
  − Proporcionarlle información acerca da nosa actividade.
 b. Lexitimación. A lexitimación para o tratamento dos datos de carácter persoal é a execución dun contrato e o consentimento expresado do interesado.
 c. Destinatarios. Non se cederán datos a terceiros salvo obriga legal.

3. APP Nemus Trucker
 a. Finalidade.
  − Proporcionar seguimento de transportes de madeira, sendo o usuario consciente da información que está compartindo coa súa entidade empresarial.
 b. Lexitimación. A lexitimación para o tratamento dos datos de carácter persoal é a execución dun contrato e o consentimento do interesado.
 c. Destinatarios. Non se cederán datos a terceiros salvo obriga legal.

Ha de ter en conta que o uso desta app implica un acceso aos datos de xeolocalización do seu dispositivo en segundo plano, estes datos usaranse únicamente co obxectivo de trazar activos no transporte de madeira, sendo o usuario desta aplicación consciente en todo momento do obxectivo do seu uso.

4. Boletín electrónico
a. Finalidade: Enviarlle o boletín electrónico periódico con información sobre as nosas actividades.
b. Lexitimación. A lexitimación para o tratamento dos datos de carácter persoal é a execución dun contrato e o consentimento do interesado.
c. Destinatarios. Non se cederán datos a terceiros salvo obriga legal.

DEREITOS NO TRATAMENTO DE DATOS
Para todos os tratamentos de datos presentes nesta política de privacidade, poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, así como outros dereitos desenvolvidos na información adicional.

INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos que CESEFOR poida recompilar polo uso e a navegación pola páxina web, a través dos nosos formularios, vía correo electrónico ou con motivo da relación contractual que o une con CESEFOR son datos de carácter persoal. Ao cubrir cada un dos formularios presentes na nosa páxina web existirán unha serie de datos obrigatorios, cuxos campos se atopan marcados co símbolo *. No caso de non encher tales campos, non se poderán levar a cabo as finalidades descritas de cada un dos formularios. Nalgunhas ocasións, informamos de que polo simple uso e navegación pola nosa Páxina web, CESEFOR almacenará datos relativos a:
- Enderezo IP
- Versión do navegador
- Sistema operativo
- Duración da visita ou navegación pola Páxina web .

CESEFOR resérvase o dereito a modificar ou adaptar a presente Política de Privacidade en todo momento. Polo tanto, recoméndamoslle revisala cada vez que acceda á Páxina Web.
No suposto de que o usuario se rexistrase na páxina web e acceda á súa conta ou perfil, ao acceder á mesma, informaráselle se houbo modificacións substanciais en relación co tratamento dos seus datos persoais.

- Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
A finalidade do tratamento dos datos recabados mediante os formularios dispoñibles na nosa páxina web, vía correo electrónico ou en virtude da relación contractual que o une con CESEFOR, será a descrita, en cada caso, na información básica sobre protección de datos.

- Durante canto tempo imos conservar os seus datos persoais?
En CESEFOR imos conservar os seus datos de carácter persoal durante os prazos establecidos no cadro que aparece a continuación:

- Formulario de contacto web: Os seus datos de carácter persoal serán tratados durante o tempo estritamente necesario para atender a súa solicitude.
- Alta de usuario: Os seus datos de carácter persoal serán conservados ata que cancele a súa conta de usuario. Tras a cancelación da conta de usuario, os datos permanecerán bloqueados nas nosas bases pero conservados ata a prescrición de posibles responsabilidades legais. Os seus datos de carácter persoal utilizados para o envío sobre a nosa actividade, serán conservados ata que revogue o consentimento outorgado a tal efecto.

- Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A lexitimación para o tratamento dos datos que alberga a presente política de privacidade é:
 1. Consentimento explícito do interesado nos seguintes tratamentos de datos:
 − Tratamento dos datos nos formularios de contacto web.
 − O envío de información acerca da nosa actividade.

- A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Tal e como se indicou na información básica non se cederán datos a terceiros salvo obriga legal.

- Cales son os seus dereitos en relación co tratamento de datos?
Vostede como titular de datos ten dereito a obter información sobre a existencia dun tratamento dos seus datos, a acceder aos seus datos persoais, solicitar a rectificación dos datos que sexan inexactos ou, se for o caso, solicitar a supresión, cando entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos ou vostede como interesado retire o consentimento outorgado.

CESEFOR tratará e conservará os seus datos de acordo coa normativa vixente, sen prexuízo de que como interesado poida solicitar en todo caso, a limitación do tratamento dos seus datos. En certos supostos poderá exercitar o seu dereito á portabilidade dos datos, que serán entregados nun formato estruturado, de uso común ou lectura mecánica a vostede ou ao novo responsable do tratamento que designe. Terá dereito a revogar en calquera momento o consentimento para calquera dos tratamentos para os que o outorgou.

Para exercitar os seus dereitos comuníquese connosco a través do enderezo de correo electrónico cesefor@cesefor. com .
Terá dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos no suposto de que considere que non se atendeu convenientemente o exercicio dos seus dereitos. O prazo máximo para resolver será o dun mes a contar desde a recepción da súa solicitude. No caso de producirse algunha modificación dos seus datos, agradecémoslle que nolo comunique debidamente por escrito coa finalidade de manter os seus datos actualizados.

Este documento é unha tradución facilitada a título informativo. En caso de discrepancia, prevalece a versión en castelán publicada pola Fundación Cesefor.